Ecopaseo é un proxecto de redución, reciclaxe, reutilización e recuperación dos diferentes residuos xerados nos talleres.

O proxecto nace neste curso 2022/23 e está estructurado en 4 fases:

1ª Fase. Iniciaremos o proxecto coa formación necesaria para adquirir os coñecementos adecuados para o proxecto. Preténdese que esta formación sexa impartida por relatores externos. 

2ªFase. Conseguir todo aquel material necesario para o proxecto de concienciación, reciclaxe, reutilización, redución e recuperación.

3ª Fase. Estudio/investigación dos distintos procesos e producións xerados durante as clases prácticas. Usos que lle podemos dar. 

4ªFase. Poñer en práctica o proxecto nas sesións de clase prácticas:  acto de reciclaxe e reutilización, campañas de concienciación, etc. 

Ademáis, este proxecto serve de base para outro que se desenvolverá no ámbito científico da FP Básica, onde o alumnado deberá aportar solucións aos tipos de residuos xerados nas aulas-taller. 


Para levar a cabo este proxecto buscaranse colaboracións externas con empresas e colectivos que nos orienten e apoien nas actuacións nas que sexan líderes no seu ámbito.