O proxecto
Algunha vez pensásches no impacto que poden ter as nosas accións nos demáis? Estamos aquí para falaros dun proxecto incrible chamado Paseolidarios.
Paseolidarios é un proxecto de benestar social que nace como proxecto no curso 2020/21 no CIFP Paseo das Pontes, con dous exes fundamentais:
a) A sustentabilidade, nas súas distintas vertentes: por unha banda estudo e análise dos procesos e recursos empregados nas aulas taller que nos permita reducir o seu impacto; por outro aproveitamento dos produtos e subproductos xerados nas devanditas aulas.
b) Responsabilidade da comunidade educativa como axentes social de cambio e mellora da contorna.
Obxectivos
- Xerar actitudes emprendedoras e valores solidarios a partir da economía circular
2. Incorporar á práctica educativa a realidade social do contorno e as súas necesidades
3. Colaborar na resolución de urxencias alimentarias da contorna.
4. Dignificación dos sectores da hostalería, industrias alimentarias e téxtil como axentes de axuda social.
5. Aprendizaxe por proyectos.
6. Implicación da comunidade educativa, traballo en equipo interdisciplinar.
7. Motivación do alumnado, especialmente aquel con dificultades de aprendizaxe e risco de abandono temperán, a través da valoración e visibilización do seu traballo.
8. Reciclar e reutilizar recursos e coidado do medioambiente.
É un proxecto vivo que segue incorporando outras actividades solidarias (Carreira solidaria 8M, Proxecto Ecopaseo…)
O proxecto forma parte da Rede Galega de Centros Solidarios (plan proxecta) e obtivo varios premios de innovación educativa:
.Premio como proxecto de innovación didáctica da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades 2022
.Premio FEAE Galicia de Innovación Educativa na categoría de centros.
O Logo
Unha das cousas máis importantes do proxecto é a implicación do alumnado no mesmo, dende o principio Paseolidarios leva o seu selo, foron éles os que crearon o noso logo, en concreto os alumnos do 2º curso da FP Básica de Arransos, do curso 2021/2022.