O 8m foi unha xornada de conmemoración do día da muller no CIFP Paseo das Pontes, que se desenvolveu cunha enorme participación, tanto do alumnado, como do persoal docente e non docente do centro, e tamén das asociacións ASPANAES e ASPEM coas que colabora o centro en diversos proxectos. Máis de 200 inscritos… todo un éxito!!!


A xornada comezou co reparto de camisetas conmemorativas, co lema “Paseolidarios móvese pola igualdade” a todos os participantes, ás 11:00 horas comezou a carreira, e ao remate celebramos todos cunha chocolatada e bailando ao ritmo de cancións de empoderamento da muller, tamén escollidas por todas os participantes.


A carreira solidaria tivo como base e requisito de inscrición, a doazón dun quilo de alimentos que iría destinado ao Banco de Alimentos Rías Altas da Coruña, un total de 480 quilos foron doados a dita asociación!!!

O alumnado e o profesorado dos diferentes departamentos participou de forma voluntaria na
realización da pancarta de saída e meta, na elaboración e servizo da chocolatada que se
celebrou ao remate da carreira que estivo amenizada pola música proposta polo alumnado
con letras que empoderan as mulleres.

Somos Paseo, somos Solidarios, somos Paseolidarios!!!

Resumo da actividade solidaria do 8M no CIFP Paseo das Pontes.