No curso 2021/22 celebrouse un mercadillo solidario no que participaron os grupos FP Básica de Arranxos de Téxtil, CM Confección e Moda, CS Patronaxe e Moda, CS Patronaxe e Moda (adultos), e CS Vestiario.

Esta actividade implicou:

  • O traballo nos talleres dos ciclos de Téxtil no 1º e 2º trimestre: deseño, elaboración de patróns, confección de bolsas e de roupa, fundas de coxíns, neceseres e traballos de marroquinería.
  • Recompilación de pantalóns vaqueiros usados; lavado e pasada de ferro dos mesmos; reciclaxe en bolsas vaqueiras.
  • A elaboración do decorado e a montaxe dos posto e do escaparate
  • A publicidade
  • A venda e a atención á clientela
  • Arqueo de caixa

O recaudado no mesmo, foi entregado as asociacións Casco e Boanoite