Este ano o centro segue a colaborar co proxecto de Mulleres Colleiteiras, que é un proxecto promovido por Arquitectos sen Fronteiras, e que consiste na recolleita, tratamento e reutilización do aceite de cociña usado, realizado por mulleres en situación de exclusión social, como medio de autoemprego e ofrecendo unha solución ao problema dos vertidos domésticos e optimizando o aproveitamento dos recursos.

As premisas do proxecto Mulleres Colleiteiras son promover o autoemprego e a inserción
sociolaboral de mulleres en situación de exclusión e promover un proceso local de baixo
custo desde a recolleita ata a reutilización do aceite.


O CIFP Paseo das Pontes ten 4 contenedores de aceite nos talleres de cociña e panadaría.
O alumnado vai vertendo neles o aceite que xa non se pode volver a utilizar.